Saturday 18 de May de 2024

A mocidade da Pobra festexará o Samaín no 29 de outubro


O Concello da Pobra do Caramiñal incrementa as propostas de lecer para a tempada do outono orientadas á xente nova. Impúlsase así a festa do Samaín para o día 29 de outubro, a partir das 20.00 horas.

O concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), anuncia que esta celebración está dirixida á xuventude maior de 12 anos e consta de dúas partes: uns xardíns terroríficos, polo cal a alameda estará ambientada para a ocasión con actores e actrices que representarán distintos personaxes de medo, música, iluminación e decorados; e a macrodiscoteca, a cargo de Chocolate Disco Móvil, que se encargará de ameniza-la noite no interior do toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán, que acubillará tamén a primeira actividade en caso de chuvia. O edil anima a xente nova a participar e disfrazarse seguindo a temática propia destas datas.